|
Domingo, 24 Xaneiro:Ruta polo rio Sieira |
|
|
|
|
Escrito por Administrator
|
|
Saida:
as 8.30 do Centro Socio-cultural de Fontiñas e as 8.45
da Praza de Vigo ( frente a “San Luis”).
É unha das rutas máis interesantes e
divertidas que se poden facer polo Barbanza.O río Sieira é como unha “pista
americana” : hai que cruzar o río varias veces; unhas por encima de árbores
caídas, outras dando chimpos, pisando pedras esbaradizas ou mesmo directamente “home (ou muller ) á auga
.Todo isto aderezado de fermosas paisaxes fluviais ou espectaculares fervenzas
como a de Ribasieira. E logo de romper a monotonia , remataremos cunha subida
de máis de 300 m de desnivel para acadar
fermosas vistas do val como zona costeira.
Distancia :18km Dificultade fisica:media, dificultade técnica : media .Guía : Moncho Sampedro
Prezo:
11 euros socios
e 15 socios temporais
|