|
A viaxe prevista para a tempada 2010 terá como destino
DOLOMITAS, país que ofrece moito máis do que o seu tamaño parece indicar.
SAIDA: 1 de
xullo.REGRESO : madrugada do 11 o 12 de xullo.
O Hospedaxe será en Calalzo di Cadore , muy próximo a
Cortina d`Ampezzo.
A viaxe combinara
autobus e ferry desde
Barcelona a Génova.
A estancia será nun hotel de tres estrelas desde o 3 o dia 9 de xullo , en reximen de
media pensión .
Faránse cinco
rutas de sendeirismo de distinta dificultade tanto física como técnica.
O día de descanso pasaremolo nunha cidade todavia por determinar.
Na viaxe de volta, visitarase Verona , cidade moi próxima
a Venecia.
Prazo de inscripción : Do 1 o 31 de xaneiro, facendo unha
reserva de 100 euros para confirmar a praza.
Os seguintes pagos faranse no mes
de abril e xuño.
Actividades para os maís
“Atrevidos” : Campartiremos viaxe e hotel pero organizaremos actividades
alternativas.Temos previsto programar actividades variadas que abranguerían
dende travesías de varios días, ata ascensións a algún 3000, e mesmo facer
algunha “via ferrata”de nivel medio, polo que habería que levar tamén material
específico .Intentaremos contactar con guías locais para que nos organicen
algunha “ferrata”, dada a nosa inexperiencia neste terreo. De tódolos xeitos recoméndase que as persoas que
se inscriban posúan uns coñecementos mínimos de escalada e, por suposto,
ausencia de vertixe.
Prezo: Cando se formalice a inscripción haberá que
depositar un adianto de 50 euros para os gastos de reserva de refuxios das
travesías e guía para as ferratas,a maiores do que se faga co grupo xeral para
viaxe e estancia. Pasarémosvos o programa máis polo miúdo cando teñamos xa
perfilado. Lembrade os prazos de inscripción cando aparezan porque hai moi
pucas prazas. ( non mais de 15 )
Guias : Fernando Montiel e Lucia Terzi.
PREZO : 630 euros
Para poder realizar esta viaxe e necesario estar federado
na Modalidade internacional( modalidade D ).Os que tañades o modalidade B ou C,
non olvidedes que tedes a primeira semana do mes de xuño para cambiar de modalidade.
|